xoves, 25 de outubro de 2018

A paga aos fillos. Expresión escrita

Peto
📘Na lectura desta semana sae o tema da paga aos fillos. Imos facer unha reflexión sobre este tema. 
Hai opinións para todos os gustos: uns prefiren paga e outros non, uns alumnos téñena e outros non reciben nada, agás en datas concretas. Plantéxase o feito de que as pagas poden axudar a que aprendan a xestionar os seus cartos e a valorar a  cultura do esforzo. Nunca estará asociada ás tarefas cotiás da familia, que non se negocian: facer a cama, axudar a recoller a mesa,...

Redacta un texto sobre este tema no procesador de texto e súbeo aos comentarios desta entrada. Non esquezas o que estamos a ver sobre os textos escritos:

  • Texto é un tecido de palabras que se xuntan en frases. Estas dan lugar ás oracións.
  • As oracións van separadas entre si por punto e seguido, dentro do mesmo parágrafo.
  • Os parágrafos recoñécense porque van separados por punto e á parte.
Revisa acentos e léxico.

domingo, 21 de outubro de 2018

Lectura:"A ración de Amadou". Tarefa escrita.



 Queridos "pitufos" imos facer un escrito nos nosos flamantes ordenadores novos que tanto vos gustan.
Xa hai días que fixemos a lectura do Tema 1 pero por falta de EDI e ordenadores non puido ser e facemos agora este traballo.Logo se rele o texto.

? En que consiste ? Consiste en escribir un texto que será unha reflexión persoal sobre o seguinte tema:

"Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres"

? Como o teño que facer?
  • No procesador de texto do ordenador.💻
  • Unha vez escrito copias o texto (Ctrl + C) e súbelo nesta entrada do blog.
  • Data límite:



📄Requisitos:
  1. Dous parágrafos
  2. Uso correcto de acentos, maiúsculas,puntuación...
  3. Corrección léxica ( débese consultar o dicionario )

💭Preguntas para axudarnos a reflexionar:
  • Teño o costume de desperdiciar os alimentos, protestar pola comida que me poñen na mesa, queixarme de todo o que non me gusta?
  • Son consciente de que no mundo hai rapazas e rapaces coma min que apenas poden facer unha comida ao día?
  • Son coidadoso/a  coa auga que gasto? Penso que é un ben escaso? 
  • Preocúpame a fame no mundo?
  • Son solidario cos pobres da nosa sociedade ou pola contra desprézoos como responsábeis da súa propia situación?