LECTURA COMPRENSIVA. ACs



TEXTO 1


Cando eu tiña seis anos, unha vez vin nun libro sobre a Selva Virxe, que se titulaba Historias vividas, unha magnífica estampa. Representaba unha serpe «boa» tragando unha fera.
Dicíase no libro: «As serpes ‘boas’ tragan a súa presa enteiriña de todo, sen mastigala. Despois non se poden mover e dormen durante os seis meses que tardan en facer a dixestión».
Matinei eu entón moito sobre as aventuras da xungla, e cun lapis de cores conseguín trazar o meu primeiro debuxo. O meu debuxo número 1. Era así:

Ensineilles a miña obra de arte ás persoas maiores e pregunteilles se o meu debuxo lles metía medo.
Respondéronme: «Por que nos vai meter medo un sombreiro?»
O meu debuxo non representaba un sombreiro. Representaba unha serpe «boa» facendo a dixestión dun elefante. Entón debuxei o interior da serpe «boa» para que as persoas maiores puidesen comprender. Os maiores necesitan sempre explicacións. O meu debuxo número 2 era así:


As persoas maiores aconselláronme que deixase os debuxos de serpes «boas», ben as pintase por dentro ou por fóra, e que me interesase máis pola xeografía, a historia, o cálculo e a gramática. Foi deste xeito como abandonei, aos seis anos de idade, unha magnífica carreira de pintor. Quedara desalentado polo fracaso dos meus debuxos números 1 e 2. As persoas maiores nunca comprenden nada por si soas e é fastidioso para os nenos terlles que andar dando sempre explicacións.
Tiven, pois, que elixir outro oficio e aprendín a pilotar avións.


CUESTIONARIO 1





TEXTO 2


UWE TIMM , O COCHO DE CARREIRAS RUDI FUCIÑOS

Cuestionario 2. 
Debes contestar no teu caderno.

  1. Resume o texto
  2. Que personaxes aparecen?
  3. Que tipos de palabras son as subliñadas en amarelo?
  4. "rotos" é un adxectivo. Aparece algún outro adxectivo no texto? Cal?
  5. Que outros obxectos utilizamos na mesa a parte da culler?

TEXTO 3


Paco Liván (e Marta Torrao) Rato solteiro

CUETIONARIO 3


Texto 4
Ilustracións de María Lires

Kusuma é unha faisán femia procedente da remota selva de Kaltim, que se ve obrigada a marchar do lugar en que sempre viviu debido á acción destrutiva do ser humano. Co obxectivo de buscar un futuro mellor para ela e mais a rolada de pitiños que agarda, cruza medio mundo ata chegar a Galicia.
Pero alí as cousas non van ser doadas: a desconfianza da maior parte dos animais da fraga en que se instala, o medo ao diferente e ao que vén de fóra, obrigará a Kusuma a demostrar o seu valor e o seu dereito a ser unha máis na terra de acollida.


Héctor Cajaraville: Kusuma