mércores, 21 de febreiro de 2018

Nova tarefa: recomendamos ler un poema de Rosalía.


Estudamos estes días dúas técnicas da escrita como son o subliñado e o resumo. 

💻 Imos aplicar estas técnicas a un texto poético : un poema de Rosalía de Castro, preferentemente de Follas Novas e buscarémolo en primeiro lugar no libro V "As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos". Tamén pode ser de Cantares Gallegos.

🔎 Como buscar e como editar o texto poético?



👉 Que se pide ?

1. Enviar un documento de Oficce co texto seleccionado, indicando título, libro ao que pertence, subliñado e ben editado. Explicaranse os cambios que se fixeron en canto á lingua (castelanismos, vulgarismo,...) e que léxico se buscou. Ademais aparecerá o resumo do texto que fixestes seguindo as instrucións. 

A data tope para o envío será o venres 23 ata as 12 da noite salvo causas xustificadas que se me comunicarán. 

💻Como envío este documento?
Nun correo electónico a sabelaals@gmail.com como arquivo adxunto:



2. Enviar un vídeo que gravaredes por parellas ou individual que non pase dos 4 minutos (3 se é individual) recomendando ler o poema que traballastes. Tamén podedes facer unha dramatización  do poema, recitalo, explicalo,...
  • O formato será MP4
  • Compartirédelo comigo en Drive ou gardarédelo nun Pen Drive (abreviación común de Memoria USB)
  • Recomendaredes ler o poema eplicando os motivos da vosa elección, etc. Trátase de que sexades creativos e que manteñades a corrección lingüística, claro. Para iso é fundamental a boa comprensión do poema.
  • Entregaranse o luns,  26 de febreiro.
👉 Exemplos:
  1. Documento editado  por Cristina e Belén de 1º D.Clica no enlace.
  2. Vídeo  de Nerea e Laura de 1º B.


🔧 En breve subirei a rúbrica de avaliación. Para facernos unha idea, utilizamos na aula a seguinte rúbrica de Pilar Ponte A Profa do IES da Pobra do Caramiñal tendo en conta que fan recomendacións lectoras de libros.

sábado, 17 de febreiro de 2018

Léxico do corpo humano.Algunhas consideracións.

Queridos alumnos e familias. Quixera aclararvos algo antes que chegue a hora de recoller os cadernos da segunda avaliación. Hai moitos xeitos, pero este curso o léxico de cada unidade traballámolo con mapas visuais. Para esta unidade propuxen un patrón que debiades seguir;non era libre coma os anteriores:

1. Observo que algúns alumnos non seguen nin por asomo dito patrón ou ben o mapa non está rotulado en condicións nin ten cor nin xoga coas distintas tipografías nin ten debuxos. Recordarvos que iso ten que estar feito desde hai un mes.

👀Algúns mapas visuais feitos na aula:






📢É HORA DE REVISAR OS CADERNOS!

venres, 2 de febreiro de 2018

Para traballar o entroido.



😸1. Entroido ou Antroido?




🐷2. Cacheira, cachola ou cachucha?





📃3. Lectura. Clica para leres o Setestrelo


Tarefa: presentación e exposición dun tema: "o entroido". Rúbrica exposición oral.

👉TAREFA: Presentación do tema  "O Entroido"

📌Índice:

  • Que é?
  • Etimoloxía de "Entroido" e "Carnaval"
  • Ciclo do Entroido
  • Comidas típicas do Carnaval
  • Refráns, adiviñas, cantigas,...
  • Antroidos de sona
  • En Galicia: Laza, Verín, Viveiro, Comarca do Ulla,...
  • Fóra de Galicia: Río, Venecia, Cádiz,...
📢 Exposición oral por equipos.


🔧 Máscara de entroido por equipo. Pode ser individual.


Iria C., 1º ESO D

👀 Rúbrica de avaliación