domingo, 3 de decembro de 2017

Xogos para traballar o léxico da casa. Reto para decembro.

Velaquí tedes 4 xogos do Portal das Palabras con léxico da cociña.











Xogo 5: Para abrir



1º Reto da casa

Entre as catro persoas que formades o grupo, tedes que conseguir completar os 5 xogos cun 100% de acertos. Podedes xogar o número de veces que precisedes.

Cando consigades o 100% de acertos nun dos xogos, a persoa voceira deberá chamar á voceira doutro grupo para que o certifique mirando a pantalla e escribirá na vosa folla de seguimento “o número do xogo”, ao seu carón a palabra “superado” e a súa sinatura.

2º Reto da casa

Na última sesión de clase da semana do 18 de decembro, 2 persoas de cada grupo deberán ser capaces de superar 1 xogo elixido pola profesora de entre os 5 que aparecen nesta entrada. Cada equipo só terá unha oportunidade para superar o xogo (admitirase un número máximo do 2 erros para conseguir o obxectivo).

martes, 21 de novembro de 2017

Cuestionario de preavaliación.Lectura. A señorita Bubble.

Queridos alumnos, mañá temos a proba de lectura. Aquí vos deixo un cuestionario  do libro para que  fagades secuencias de lectura máis atentas. (Pódese subliñar!);  así que o cubrades tedes que darlle a enviar.


martes, 14 de novembro de 2017

luns, 6 de novembro de 2017

O substantivo. A voltas cos mapas visuais.

⇒ Queridos alumnos, quero volver a tratar o tema dos mapas visuais  agora que estamos estudando o substantivo e o adxectivo. Estades facendo o mapa visual do xénero no voso caderno e desexo que iso vos sirva para unha aprendizaxe duradeira e non mera "chapatoria" para uun exame.

Os mapas visuais hainos que facer en distintas etapas, poñéndolles interés e amor para que a aprendizaxe sexa significativa.

O primeiro paso. Hai que ter o texto sobre o que facemos o mapa visual. Sen iso non podemos facer nada, salvo copiar o que fai outro e non servirá de nada: acabas o mapa e non sabes nada. O texto lese ben e sublíñase.


Planificación. É conveniente facer un borrador no caderno no que vexamos as ramas que imos tirar do punto central que é o tema.

Pasos. O mapa visual vai avanzando a lapis, despois rotulamos o lapis (a cor debe deixarse para o final)






 ⇒ O TEXTO O mapa vai mellorando coa rotulación e a cor. A escrita debe ser coidada, lexíbel. Inda así, sempre hai erros. Atopades o meu fallo? Non virei o folio e escribín por debaixo da liña, co  cal o presidente e a presidenta quedaron patas arriba!!


 ⇒ O debuxo. Están ao final de cada rama. Non teñen que ser "Goyas", son iconas, símbolos...o que importa é ir creando a nosa biblioteca persoal. Tamén podemos botar man de distinto tipo de letra, distintas cores, globos, carteis...


  Como van os vosos? Quero velos o vindeiro xoves 9 de novembro.

domingo, 29 de outubro de 2017

ATENCIÓN! UNHA PROBA!

Cando? Atención, queridos alumnos! Tendes traballo para esta semana. O venres día 3 de novembro debedes entregarme esta proba. 

🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Como? É peciso que a imprimades e que a entreguedes debidamente identificados. A proba vese mellor no ordenador ou con cor polo que debedes facer vós as copias (na casa ou nunha fotocopiadora) Tedes tempo de sobra. 
Lede ben as preguntas e a contestalas con corrección, tendo en conta que as faltas descontan.

🎃🎃🎃🎃🎃🎃

Por que? Porque é un bo xeito de saber como fago as probas e ides quentando motores para a proba do día 15. Esta proba contará como proba de avaliación inicial.

➽ Proba en formato pdf para descargar aquí.



Moita concentración e feliz día deSamaín e de Todos os Santos!  



🎃🎃🎃🎃🎃🎃



sábado, 28 de outubro de 2017

O texto narrativo.



Make your own mind maps with Mindomo.

Tipos de textos, I: Textos literarios vs. textos non literarios.



Make your own mind maps with Mindomo.


domingo, 24 de setembro de 2017

Mapas visuais do léxico con Visual Thinking.


Imos traballar o léxico das unidades con mapas visuais. 
"O pensamento visual funciona porque o 80% do noso cerebro está deseñado para asimilar e procesar imaxes, polo que lle supoñen menos esforzo que ler un texto."

👉Por iso faremos cada unidade nunha folla do caderno, enchéndoa por completo. O mapa visual conterá palabras e debuxos. Escribiremos con corrección, rotulando se escribimos a lapis. 

👀O mapa visual implica que primeiro pensamos e repensamos todo o que temos que incluír. Esixe un coñecemento do tema e por iso o 1º paso é ler ben a unidade (apartado "O nome das cousas")






Exemplos da aula:





Que debemos evitar? Cando sabemos que está ben o noso mapa visual?

👉Sobre todo as faltas de ortografía. Trátase de aprender o léxico correcto, por iso lle botamos tempo, corriximos, borramos o lapis e logo rotulamos por riba cando xa está ben..








👉 Finalmente, comprobamos que aportamos todo o léxico do tema. Se quedamos moi escasos e nos centramos no debuxo (ten que haber un certo equilibrio entre texto e debuxo) cando repasemos para o exame só teremos unha mínima parte do vocabulario.

👉Para saber máis. O pensamento visual, Visual Thinking, é unha forma de procesar información mediante o uso de debuxos. Formalmente, o pensamento visual utiliza técnicas de debuxo e de toma de notas que permiten á persoa tratar esa información axudándose de imaxes, conectores gráficos e palabras que permitan a comprensión da mesma. Mediante as imaxes pódense identificar problemas, buscar solucións, atopar relacións entre conceptos… todo iso dunha forma máis sinxela que se usásemos a linguaxe oral, por exemplo.

Na orixe, o pensamento visual parte da constatación de que a unha gran parte das persoas, usan a vía visual como vía preferente para aprender. Por outra banda, parece que o sentido da vista sería un dos máis potentes na percepción do mundo, sendo o responsable de ata un 75% na adquisición da información sendo o resto dos sentidos responsables do 25% restante.

Tamén sabemos que o debuxo acompaña aos homes desde o comezo da humanidade, desde a nosa orixe como especie; así nolo amosan as pinturas das covas prehistóricas, a arte rupestre.

domingo, 17 de setembro de 2017

A torre de Babel.Unha cuestión para ter clara.

Linguas do mundo.




A lingua galega e outras linguas.





⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪⧪


TEXTO 1
Toda a terra falaba una soa lingua e usaba as mesmas palabras. Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí. Dixéronse uns ós outros: _“Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. E nisto propuxeron: _ “Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.
Baixou o Señor para ve-la cidade e a torre que os homes construían, e pensou: _ “Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza. Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros”. O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construír a cidade. A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.

Xén 11,1-9
A  Torre de Babel, pintura ao óleo sobre lenzo de Pieter Brueghel o Vello.
TEXTO2

 "Algúns homes -galegos tamén andan a falaren d-un idioma universal, único para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeición babeando pol-a escada zoolóxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produz a sabiduría. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dígolles que a variedade de idiomas, co-a súa variedade de culturas, é o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velahí vai a demostración:
Un can de Turquía oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaña. ¿E sabedes por qué? Porque os probes animaes ainda están no idioma universal..."  CASTELAO

👀  Que é un mito?:  Historia fabulosa de tradición oral que explica, por medio da narración, as accións de seres que encarnan de forma simbólica forzas da natureza, aspectos da condición humana, etc.; aplícase especialmente á historia que narra as accións dos deuses ou heroes da Antigüidade.

👦👧 PENSADE Houbo algunha vez un único idioma universal? A VARIEDADE DE IDIOMAS É UN CASTIGO DIVINO?

Explica que relación hai entre a tendencia  á diversificación das linguas e o mito dun idioma universal.

Benvida ao curso. Criterios de cualificación.