venres, 6 de abril de 2018

Traballo para subir nota!


Queridos alumnos, propóñovos un traballo para subir nota de cara á avaliación final e que quero que vexades como un xogo que sei que sodes capacer de facer.


🔊Tátase de documentarse un pouco: ver uns mapas e un vídeo curto en portugués que  amplíe un pouco os vosos coñecementos de Ciencias Sociais sobre unha época do noso pasado, ler uns textos que nos amplíen coñecementos de Ciencias Naturais e ao mesmo tempo nos axude na nosa materia e finalmente Coñecer os territorios que forman parte da comunidade lusófona.






LECTURA
  • Reino suevo (Galipedia) Lectura e audición do vídeo:


📕A comezos do século V, o Imperio Romano de Occidente experimentou unha grande inestabilidade militar, económica e política. Dende o centro de Europa (especialmente desde o territorio da actual Alemaña), numerosos pobos xermanos —suevos, saxóns, francos, alanos e outros— comezaron atacar os postos fronteirizos romanos no río Rhin, irrumpindo finalmente no Imperio o 31 de decembro do ano 406 e asentándose no seu interior polas armas, mais tamén grazas a pactos pacíficos.




Arredor do ano 409, dirixidos polo seu rei Hermerico, gran parte dos suevos (estímase que sobre 40.000 persoas) chegaron á provincia romana da Gallaecia, onde lograron instalarse mediante un posible pacto con Roma, decidindo establecer a súa capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, Portugal). Este pacto chamado foedus permitía aos suevos gobernar a provincia da Gallaecia como un reino propio (Galliciense Regnum) mentres que estes aceptasen o emperador romano como o seu superior. 



O historiador galaico Hidacio narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.
Galliciense Regnum





Audición (É conveniente escoitalo máis dunha vez):




🔎 CUESTIONARIO 



 

📌Lectura dun texto de Ciencias sobre a cova do rei Centolo. Destaca  as palabras clave e subliña o máis importante. Podes descargar o texto no enlace.

📌 VOCABULARIO DE XEOLOXÍA (Explicarán esta parte as profesoras de Ciencias)

.arxila .rochas calcáreas . erosión  .estalactita  .estalagmita  .galerías  .augas duras .carbonatos de calcio e magnesio .formacións lapiaces .mar de pedra


📌GALEGO VS. ASTURIANU. Textos para comparar as linguas:

https://gl.wikipedia.org/wiki/Cuarzo

https://ast.wikipedia.org/wiki/Cuarzu

Fíxate no seguinte:

Hai algunha grafía que non existe en galego? Algún  signo gráfico?
Cal é a terminación dos substantivos? 
Que adxectivos aparecen para cualificar o "cuarzu" ? Son iguais ao galego? Podemos entendelos?
Que formas do verbo "ser" aparecen?
O asturiano é unha lingua de España? É lingua oficial ou cooficial?


📌A LUSOFONÍA. Para facer o mapa visual estou preparando outra entrada de blog que sairá axiña.



http://teiaportuguesa.tripod.com/cacaaotesourolusofonia/recursosnarede.htm

Moito ánimo e a polo traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario