martes, 18 de setembro de 2018

Criterios de cualificación e caderno do alumno.



Comezamos o curso sen presa, pero sen pausa. Relaxados, pero querendo mellorar sempre.Os criterios de cualificación témolos sempre no caderno ao igual que a dirección do blog de aula: galegodosarmiento1.blogspot.com

📋Sobre o caderno: 
 Terase ao día (serve calquera formato). Iso implica poñer a data ao comezo cada día. Antes de acabar a avaliación numéranse as páxinas.Cómpre levalo sempre por se se pide ou aínda que traballemos co ordenador.
O traballo que hai que facer márcase dalgún xeito: subliñado, cores, rotuladores,...
🔤O obxectivo do curso para o caderno vai ser facer apuntamentos bonitos con letras bonitas. Imos practicar o lettering e co bullet journal. E en todo momento facer uso do Visual Thinking. Pero iremos vendo paso a paso.

Trátase de facer  as cousas con dedicación, amor e ir mellorando día a día coa práctica, para profundizar no que aprendemos.






Ningún comentario:

Publicar un comentario