domingo, 1 de xullo de 2018

Traballos de setembro.

Facer que!
Queridos alumnos e alumnas que xa estades de vacacións; xa sei que algún de vós non  sacou unha nota moi satisfactoria e son consciente de que o verán non é o mellor tempo para falar de materias. Inda así os días son moi longos e dan para todo. A maioría de vós non acadastes o aprobado non por facer mal un exame máis ou menos, senón por ir deixando os traballos que se vos ían pedindo día a día. É por iso que fago esta última entrada como unha pequena síntese do que podedes facer sen apuros e sen estrés ao longo de dous meses para entregar en setembro.


1. Ler, subliñar e resumir os seguintes textos:

PREME NO SEGUINTE ENLACE: TEXTOS


2. Facer un mapa visual  dun destes temas: animais, ferramentas ou medios de transporte.


3. Escribir dúas descricións:  o teu pobo no verán e o animal que máis che gusta.

4. Escribir un diálogo entre ti e un amigo ou amiga que marchou de vacacións e xa hai moito que non ves e botas de menos.

5. Ler un libro en galego no verán e contarme (oral,  en setembro) que che pareceu ese libro.

Moito ánimo e boas vacacións!

1 comentario:


  1. En moitas familias danlle paga a os seus fillos ai en familias que non poden porque non teñen suficiente diñeiro . A min paréceme que os fillos que son pequenos non teñen que recibir paga porque xa lle compran os pais o que necesitan,cando estas na adolescencia podes recibir unha paga de 5 euros ao mes e ai familias que non poden por falta de diñeiro ou simplemente porque os pais non queren ou non están de acordo por dar a paga aos seus fillos.

    Naiara Sánchez Bruces 1B

    ResponderEliminar