martes, 8 de maio de 2018

Proposta lectora para o 3º trimestre: Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.

Estamos no Mes das Letras Galegas e inda que intentamos que o sexan todo o ano na nosa aula, este maio ímosllo adicar á autora homenaxeada este ano María Victoria Moreno. A novela Leonardo e os fontaneiros é boa mostra da intensa relación de María Victoria Moreno cos animais. A obra recibiu en 1985 o terceiro premio O Barco de Vapor e foi publicada en 1986 por Galaxia /SM con ilustracións de Mª do Carme Salgado.

TAREFAS



CALENDARIO


1. Foto e descrición da miña mascota.

2. Diálogo coa miña mascota.



3 comentarios:

  1. "Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres"


    A falta de agua e de xantar é un problema moi grande ,en maior parte, nos países do sur de África. Eu penso que todos deberíamos reflexionar sobre o tema e ser conscientes de que, a nós nos sobrará o xantar e a auga, pero hai moita xente que necesita estas cousas. Algo moi común é que os restaurantes boten ó lixo todo o xantar que sobrou, que, crédeme; pouco non é; nos comedores dos colexios, todo o xantar que fan e que os rapaces non queiran comer porque non lles gusta; todas as palomitas que desperdícianse no cine...

    Eu penso que non é tan difícil axudar e cada un de nós podemos axudar ó aforro de alimentos e auga, se todos non desperdiciásemos auga na bañeira, lavando ás mans, a comida, cepillando os dentes... O problema non sería tan grave.

    Andrés F. 1ºC

    ResponderEliminar
  2. ESTA É A MIÑA REFLEXIÓN SOBRE ESTE TEMA:
    "Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres"
    Todo o mundo debería aprender a non tirar a comida e valorar o que temos porque moita xente agradecería moito o que nós tiramos. Eu, por exemplo, teño a mala costume de protestar pola comida e miña nai sempre me di: “A ver si aprendes a non protestar tanto!” E ahí teño que darlle a razón.

    Coa comida protesto moito pero coa auga son máis coidadosa. Intento non tardar moito na ducha, sempre pecho a billa ao lavar os dentes...
    Penso que a auga hai que aproveitala moito porque pódese acabar.

    En xeral, reflexiono bastante na fame e sede no mundo, paréceme moi preocupante este tema e dáme moita pena. Incluso cando estou vendo as noticias pola mañá e aparece algún tema da pobreza no mundo, póñome moi triste.

    Eu creo que son bastante solidaria coa xente necesitada porque cando me poño a pensar na tanta xente que vive na calle, que non pode comer o que como eu, que non pode beber o que bebo eu, que non durme todos os días nunha cama como a miña... Cando vou pola rúa e vexo unha persoa que pide diñeiro eu sempre procuro darlle algo, cando vou cos meus pais sempre me dín: “Está moi ben que lle días diñeiro á xente necesitada, que penses nos demáis e te compadezcas deles” E a min gústame moito facélo.

    Diana 1º C

    ResponderEliminar
  3. Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres.

    Eu nunca tiro a comida pero me u primo pequeno si pero moi pouca .
    Hai moitos nenos que non teñen comida para comer porque éstan en pises
    pobres e non hay diñeiro para compar comida .
    Por exemplo en africa negra escasea a comida para estar ben alimentado ou
    para estar ben idratrado para prebenir algunas infermidades relacionadas coa
    a auga ou comida .
    Por exemplo . A auga e a comida e moi inportan para estar fortes.
    Xoan Miguel
    Deus Gòmez.1 c

    ResponderEliminar