⇒ Queridos alumnos, quero volver a tratar o tema dos mapas visuais agora que estamos estudando o substantivo e o adxectivo. Estades facendo o mapa visual do xénero no voso caderno e desexo que iso vos sirva para unha aprendizaxe duradeira e non mera "chapatoria" para uun exame.
⇒ Os mapas visuais hainos que facer en distintas etapas, poñéndolles interés e amor para que a aprendizaxe sexa significativa.
⇒ O primeiro paso. Hai que ter o texto sobre o que facemos o mapa visual. Sen iso non podemos facer nada, salvo copiar o que fai outro e non servirá de nada: acabas o mapa e non sabes nada. O texto lese ben e sublíñase.
⇒ Planificación. É conveniente facer un borrador no caderno no que vexamos as ramas que imos tirar do punto central que é o tema.
⇒ Pasos. O mapa visual vai avanzando a lapis, despois rotulamos o lapis (a cor debe deixarse para o final)
⇒ O TEXTO O mapa vai mellorando coa rotulación e a cor. A escrita debe ser coidada, lexíbel. Inda así, sempre hai erros. Atopades o meu fallo? Non virei o folio e escribín por debaixo da liña, co cal o presidente e a presidenta quedaron patas arriba!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario