xoves, 5 de abril de 2018
Fálame da emigración.
Queridos alumnos, o mércores 4 de abril foi o segundo encontro cos maiores dentro do programa Fálame da emigración. No primeiro encontro expuxeron as súas vivencias como emigrantes a países de Europa nos anos 50 e vós tivestes a oportunidade de dialogar con eles sobre a súa experiencia. Esta vez pídesevos que reflexionedes en grupos sobre as motivacións para emigrar e que aporta ao país de ida e ao noso país a emigración. Na entrada do centro temos unha exposición de fotografías sobre a emigración galega a distintos países e pedinvos como traballo un texto escrito por vós sobre unha fotografía da exposición. Partides do pé de foto que ledes con atención e vos aclara cousas e logo describides o que vedes. A foto ten que dar motivo para unha pequena reflexión sobre a emigración.
📷Imaxes para comentar: enlace Fundación Abanca Aquí elexides unha imaxe
Exemplo:
Virxinia (EE. UU.), 1982. Os investigadores españois Mariano Barbacid e Eugenio Santos xunto con outros colaboradores americanos que traballan no el Instituto Nacional do Cáncer dos Estados Unidos.
A imaxe suxire o seguinte comentario:
Nos últimos anos a crise volve empuxar a moita xente nova cara ao estranxeiro, pero a emigración actual é moi diferente á das nosas avóas e avós: trátase dunha mocidade ben formada, que fala idiomas,con acceso ás comunicacións a través de Internet, e que en ocasións ocupa postos altamente cualificadose de carácter científico no país de acollida. Este tipo de emigración é moi atípica e infrecuente na década dos sesenta.
COMO QUEDA O MEU TEXTO?
A miña imaxe en branco e negro, é dos anos 80 nos Estados Unidos. Aparecen catro persoas nun laboratorio médico. Ou iso penso, porque sei que traballan nun centro que estuda o cancro, ese mal que se espalla por todas partes e "do que morreu miña tía Pascualina" como di un señor da radio.
Se nos fixamos en tantísimos tarros de medicamentos e outros produtos que nin sabería chamarlle que hai nas estanterías do fondo debe ser aí onde fan as súas investigacións. Dous xoves científicos españois traballando nun país que investiga. Estou segura de que se foron porque aquí non tiñan esa posibilidade. É unha mágoa!. Se descobren algún tratamento ou menciña,ou...o que sexa, será noutro país, non no deles e nós teremos que pagar a patente1
A foto non deixa de chamarme a atención porque ben se ve que é nun momento de lecer; rinse e non teñen a bata branca de laboratorio posta. Todos parecen estar animados e mostran boa camaradería; son colegas e tanto ten que sexas home ou muller. Porque un dos personaxes da foto é unha muller científica, que as hai, pero non pensedes que tanto. Sobre este tema habería moito que dicir pero non quero obrigarvos a escribir un libro.
E xa non falemos das perspectivas que ten a xuventude hoxe en día no campo da investigación! Mellor coller un avión para un país nórdico antes de poñernos cabreados.
E xa non falemos das perspectivas que ten a xuventude hoxe en día no campo da investigación! Mellor coller un avión para un país nórdico antes de poñernos cabreados.
1Unha patente é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente.
Etiquetas:
3ª avaliación,
Fálame da emigración,
Fotografía
domingo, 18 de marzo de 2018
O texto poético, II
Suxeito lírico, Eu lírico, falante poético...
🔎Quen fala nestes versos?
"Non lle digâs á Hermengario
qu' a sua Hildemira sofre:
co-as miñas penas non quero
que s' amarguen os seus goces.
Así a reina de Galicia
ôs regatos bulidores
qu' os xardís d' o pazo regan
lles fala, tras d' unha noite
pasad' antre bagoas tristes
agardand' á quen non volve".
🔎 Descrición da raíña Hildemira (fragmento do poema):
"â reina, que pouc' á pouco
vaise tornand' un cadavre.
Arredor d' aquiles ollos
qu' eran luceiros brilantes
que com' a y-alma alumaban
con resprandores suaves,
hay un círculo de sombras
e de negra escuridade.
As rosas fans' azuceas
n-aquil hermoso sembrante
y-os beizos qu' eran tan roxos
coma preceados corales,
perden color e frescura
en forza de suspirare,
y-antr' as crenchas d' ouro puro
qu' olran a frente d' anacre
tecen as penas algunhas
frebas de prata brilante."
🔎Responde a estas cuestións:
- Cal é o tema deste fragmento?
- Que figuras literarias recoñeces?
- Hai algún tipo de rima?Explícao.
- Cantas sílabas teñen a maioría dos versos?
- Busca no dicionario RAG sa seguintes palabras; copia o seu significado e os sinónimos se os hai:
nácara, febra, crencha (crecha), beizo, orlar
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Bullet Journal,
Comentario de texto,
métrica,
Texto poético
mércores, 14 de marzo de 2018
luns, 12 de marzo de 2018
No mes de marzo, o texto poético.
![]() |
| Páxina de bullet journal |
Queridos alumnos seguimos traballando o texto poético e farémolo cunha poesía de Filomena Dato Muruais.
Texto en pdf para descargar. Convén telo en papel para facer apuntamentos.
- Plan previsto para a realización do bullet jornal:
Para documentarse: clica nos enlaces.
📌 Ficha da autora na BVG
📌 Ficha da autora na BVG
O ROMANTICISMO
📃 Van avanzando os vosos traballos:
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Bullet Journal,
Texto poético,
Tipos de textos
martes, 6 de marzo de 2018
Nova proba!
Nesta proba entrará:
- Algo do trimeste pasado: o apartado de "A España Plurilingüe"(páxs 104 e 105) Tedes un vídeo neste blog se buscades nas etiquetas "España plurilingüe".
- A acentuación, especialmente os diacríticos . Nas Actividades de reforzo e ampliación do tema 4 tedes varios exercicios (páx. 90-91 )
- O léxico do corpo humano. Revisade o mapa visual no voso caderno.
- Pedirásevos unha descrición. Convén ler as páxinas 98 e 99 do libro de texto para coller modelos ao igual que a lectura da aula Congreso de meigas tiña descrición de persoas.Nas páxinas de léxico "O corpo humano" xa vistes numerosos adxectivos que serven para as descricións e sabedes facer comparacións. Se tedes dúbidas hai dous vídeos moi curtos sobre a descrición na entrada anterior.
- O pronome persoal. Atención aos exercicios feitos na aula e aqueles exercicios sobre o pronome que se propoñen nas páxinas 90 -91.
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
España plurilingüe,
Proba
A descrición.
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
A descrición,
Vídeo
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)

















