Amosando publicacións coa etiqueta Léxico. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Léxico. Amosar todas as publicacións

sábado, 17 de febreiro de 2018

Léxico do corpo humano.Algunhas consideracións.

Queridos alumnos e familias. Quixera aclararvos algo antes que chegue a hora de recoller os cadernos da segunda avaliación. Hai moitos xeitos, pero este curso o léxico de cada unidade traballámolo con mapas visuais. Para esta unidade propuxen un patrón que debiades seguir;non era libre coma os anteriores:

1. Observo que algúns alumnos non seguen nin por asomo dito patrón ou ben o mapa non está rotulado en condicións nin ten cor nin xoga coas distintas tipografías nin ten debuxos. Recordarvos que iso ten que estar feito desde hai un mes.

👀Algúns mapas visuais feitos na aula:






📢É HORA DE REVISAR OS CADERNOS!

venres, 2 de febreiro de 2018

Para traballar o entroido.



😸1. Entroido ou Antroido?




🐷2. Cacheira, cachola ou cachucha?





📃3. Lectura. Clica para leres o Setestrelo


Tarefa: presentación e exposición dun tema: "o entroido". Rúbrica exposición oral.

👉TAREFA: Presentación do tema  "O Entroido"

📌Índice:

  • Que é?
  • Etimoloxía de "Entroido" e "Carnaval"
  • Ciclo do Entroido
  • Comidas típicas do Carnaval
  • Refráns, adiviñas, cantigas,...
  • Antroidos de sona
  • En Galicia: Laza, Verín, Viveiro, Comarca do Ulla,...
  • Fóra de Galicia: Río, Venecia, Cádiz,...
📢 Exposición oral por equipos.


🔧 Máscara de entroido por equipo. Pode ser individual.


Iria C., 1º ESO D

👀 Rúbrica de avaliación



domingo, 3 de decembro de 2017

Xogos para traballar o léxico da casa. Reto para decembro.

Velaquí tedes 4 xogos do Portal das Palabras con léxico da cociña.











Xogo 5: Para abrir



1º Reto da casa

Entre as catro persoas que formades o grupo, tedes que conseguir completar os 5 xogos cun 100% de acertos. Podedes xogar o número de veces que precisedes.

Cando consigades o 100% de acertos nun dos xogos, a persoa voceira deberá chamar á voceira doutro grupo para que o certifique mirando a pantalla e escribirá na vosa folla de seguimento “o número do xogo”, ao seu carón a palabra “superado” e a súa sinatura.

2º Reto da casa

Na última sesión de clase da semana do 18 de decembro, 2 persoas de cada grupo deberán ser capaces de superar 1 xogo elixido pola profesora de entre os 5 que aparecen nesta entrada. Cada equipo só terá unha oportunidade para superar o xogo (admitirase un número máximo do 2 erros para conseguir o obxectivo).

domingo, 24 de setembro de 2017

Mapas visuais do léxico con Visual Thinking.


Imos traballar o léxico das unidades con mapas visuais. 
"O pensamento visual funciona porque o 80% do noso cerebro está deseñado para asimilar e procesar imaxes, polo que lle supoñen menos esforzo que ler un texto."

👉Por iso faremos cada unidade nunha folla do caderno, enchéndoa por completo. O mapa visual conterá palabras e debuxos. Escribiremos con corrección, rotulando se escribimos a lapis. 

👀O mapa visual implica que primeiro pensamos e repensamos todo o que temos que incluír. Esixe un coñecemento do tema e por iso o 1º paso é ler ben a unidade (apartado "O nome das cousas")






Exemplos da aula:





Que debemos evitar? Cando sabemos que está ben o noso mapa visual?

👉Sobre todo as faltas de ortografía. Trátase de aprender o léxico correcto, por iso lle botamos tempo, corriximos, borramos o lapis e logo rotulamos por riba cando xa está ben..








👉 Finalmente, comprobamos que aportamos todo o léxico do tema. Se quedamos moi escasos e nos centramos no debuxo (ten que haber un certo equilibrio entre texto e debuxo) cando repasemos para o exame só teremos unha mínima parte do vocabulario.

👉Para saber máis. O pensamento visual, Visual Thinking, é unha forma de procesar información mediante o uso de debuxos. Formalmente, o pensamento visual utiliza técnicas de debuxo e de toma de notas que permiten á persoa tratar esa información axudándose de imaxes, conectores gráficos e palabras que permitan a comprensión da mesma. Mediante as imaxes pódense identificar problemas, buscar solucións, atopar relacións entre conceptos… todo iso dunha forma máis sinxela que se usásemos a linguaxe oral, por exemplo.

Na orixe, o pensamento visual parte da constatación de que a unha gran parte das persoas, usan a vía visual como vía preferente para aprender. Por outra banda, parece que o sentido da vista sería un dos máis potentes na percepción do mundo, sendo o responsable de ata un 75% na adquisición da información sendo o resto dos sentidos responsables do 25% restante.

Tamén sabemos que o debuxo acompaña aos homes desde o comezo da humanidade, desde a nosa orixe como especie; así nolo amosan as pinturas das covas prehistóricas, a arte rupestre.