Queridos alumnos, mañá temos unha nova proba, desta vez escrita. Que non cunda o pánico! Sabedes máis do que pensades! Só se pide un pouco de lectura atente deste post e xa veredes como todo vai ben. Nesta proba entrará:
Algo do trimeste pasado: o apartado de "A España Plurilingüe"(páxs 104 e 105) Tedes un vídeo neste blog se buscades nas etiquetas "España plurilingüe".
A acentuación, especialmente os diacríticos . Nas Actividades de reforzo e ampliación do tema 4 tedes varios exercicios (páx. 90-91 )
O léxico do corpo humano. Revisade o mapa visual no voso caderno.
Pedirásevos unha descrición. Convén ler as páxinas 98 e 99 do libro de texto para coller modelos ao igual que a lectura da aula Congreso de meigas tiña descrición de persoas.Nas páxinas de léxico "O corpo humano" xa vistes numerosos adxectivos que serven para as descricións e sabedes facer comparacións. Se tedes dúbidas hai dous vídeos moi curtos sobre a descrición na entrada anterior.
O pronome persoal. Atención aos exercicios feitos na aula e aqueles exercicios sobre o pronome que se propoñen nas páxinas 90 -91.
Estudamos estes días dúas técnicas da escrita como son o subliñado e o resumo.
💻 Imos aplicar estas técnicas a un texto poético : un poema de Rosalía de Castro, preferentemente de Follas Novas e buscarémolo en primeiro lugar no libro V"As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos". Tamén pode ser de Cantares Gallegos.
🔎 Como buscar e como editar o texto poético?
👉 Que se pide ?
1. Enviar un documento de Oficce co texto seleccionado, indicando título, libro ao que pertence,subliñado e ben editado. Explicaranse os cambios que se fixeron en canto á lingua (castelanismos, vulgarismo,...) e que léxico se buscou. Ademais aparecerá o resumodo texto que fixestes seguindo as instrucións.
A data tope para o envío será o venres 23 ata as 12 da noite salvo causas xustificadas que se me comunicarán.
💻Como envío este documento?
Nun correo electónico a sabelaals@gmail.com como arquivo adxunto:
2. Enviar un vídeo que gravaredes por parellas ou individual que non pase dos 4 minutos (3 se é individual) recomendando ler o poema que traballastes. Tamén podedes facer unha dramatización do poema, recitalo, explicalo,...
O formato será MP4
Compartirédelo comigo en Drive ou gardarédelo nun Pen Drive (abreviación común de Memoria USB)
Recomendaredes ler o poema eplicando os motivos da vosa elección, etc. Trátase de que sexades creativos e que manteñades a corrección lingüística, claro. Para iso é fundamental a boa comprensión do poema.
🔧 En breve subirei a rúbrica de avaliación. Para facernos unha idea, utilizamos na aula a seguinte rúbrica de Pilar Ponte A Profa do IES da Pobra do Caramiñal tendo en conta que fan recomendacións lectoras de libros.
Queridos alumnos e familias. Quixera aclararvos algo antes que chegue a hora de recoller os cadernos da segunda avaliación. Hai moitos xeitos, pero este curso o léxico de cada unidade traballámolo con mapas visuais. Para esta unidade propuxen un patrón que debiades seguir;non era libre coma os anteriores:
1. Observo que algúns alumnos non seguen nin por asomo dito patrón ou ben o mapa non está rotulado en condicións nin ten cor nin xoga coas distintas tipografías nin ten debuxos. Recordarvos que iso ten que estar feito desde hai un mes.