martes, 6 de marzo de 2018
A descrición.
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
A descrición,
Vídeo
mércores, 21 de febreiro de 2018
Nova tarefa: recomendamos ler un poema de Rosalía.
Estudamos estes días dúas técnicas da escrita como son o subliñado e o resumo.
💻 Imos aplicar estas técnicas a un texto poético : un poema de Rosalía de Castro, preferentemente de Follas Novas e buscarémolo en primeiro lugar no libro V "As viúdas dos vivos e as viúdas dos mortos". Tamén pode ser de Cantares Gallegos.
🔎 Como buscar e como editar o texto poético?
👉 Que se pide ?
1. Enviar un documento de Oficce co texto seleccionado, indicando título, libro ao que pertence, subliñado e ben editado. Explicaranse os cambios que se fixeron en canto á lingua (castelanismos, vulgarismo,...) e que léxico se buscou. Ademais aparecerá o resumo do texto que fixestes seguindo as instrucións.
A data tope para o envío será o venres 23 ata as 12 da noite salvo causas xustificadas que se me comunicarán.
💻Como envío este documento?
Nun correo electónico a sabelaals@gmail.com como arquivo adxunto:
2. Enviar un vídeo que gravaredes por parellas ou individual que non pase dos 4 minutos (3 se é individual) recomendando ler o poema que traballastes. Tamén podedes facer unha dramatización do poema, recitalo, explicalo,...
- O formato será MP4
- Compartirédelo comigo en Drive ou gardarédelo nun Pen Drive (abreviación común de Memoria USB)
- Recomendaredes ler o poema eplicando os motivos da vosa elección, etc. Trátase de que sexades creativos e que manteñades a corrección lingüística, claro. Para iso é fundamental a boa comprensión do poema.
- Entregaranse o luns, 26 de febreiro.
👉 Exemplos:
- Documento editado por Cristina e Belén de 1º D.Clica no enlace.
- Vídeo de Nerea e Laura de 1º B.
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Resumo,
Rosalía de Castro,
Subliñado,
Texto poético,
Tipos de textos,
Vídeo
sábado, 17 de febreiro de 2018
Léxico do corpo humano.Algunhas consideracións.
Queridos alumnos e familias. Quixera aclararvos algo antes que chegue a hora de recoller os cadernos da segunda avaliación. Hai moitos xeitos, pero este curso o léxico de cada unidade traballámolo con mapas visuais. Para esta unidade propuxen un patrón que debiades seguir;non era libre coma os anteriores:
1. Observo que algúns alumnos non seguen nin por asomo dito patrón ou ben o mapa non está rotulado en condicións nin ten cor nin xoga coas distintas tipografías nin ten debuxos. Recordarvos que iso ten que estar feito desde hai un mes.
👀Algúns mapas visuais feitos na aula:
📢É HORA DE REVISAR OS CADERNOS!
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Infografías,
Léxico,
Mapa visual
sábado, 3 de febreiro de 2018
Léxico do entroido.
Etiquetas:
2ª avaliación,
Entroido,
Infografías,
Léxico
venres, 2 de febreiro de 2018
Para traballar o entroido.
😸1. Entroido ou Antroido?
🐷2. Cacheira, cachola ou cachucha?
📃3. Lectura. Clica para leres o Setestrelo
Etiquetas:
2ª avaliación,
Entroido,
Léxico,
Portal das Palabras,
Setestrelo,
Vídeo
Tarefa: presentación e exposición dun tema: "o entroido". Rúbrica exposición oral.
👉TAREFA: Presentación do tema "O Entroido"
📌Índice:
🔧 Máscara de entroido por equipo. Pode ser individual.
📌Índice:
- Que é?
- Etimoloxía de "Entroido" e "Carnaval"
- Ciclo do Entroido
- Comidas típicas do Carnaval
- Refráns, adiviñas, cantigas,...
- Antroidos de sona
- En Galicia: Laza, Verín, Viveiro, Comarca do Ulla,...
- Fóra de Galicia: Río, Venecia, Cádiz,...
🔧 Máscara de entroido por equipo. Pode ser individual.
Iria C., 1º ESO D
👀 Rúbrica de avaliación
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Entroido,
Exposición oral,
Léxico,
Presentación,
Rúbrica,
Tarefa
martes, 16 de xaneiro de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)














