Para todas e todos aqueles que pasan polo blog de aula antes do exame. Nunca defrauda!
martes, 14 de novembro de 2017
luns, 6 de novembro de 2017
O substantivo. A voltas cos mapas visuais.
⇒ Queridos alumnos, quero volver a tratar o tema dos mapas visuais agora que estamos estudando o substantivo e o adxectivo. Estades facendo o mapa visual do xénero no voso caderno e desexo que iso vos sirva para unha aprendizaxe duradeira e non mera "chapatoria" para uun exame.
⇒ Os mapas visuais hainos que facer en distintas etapas, poñéndolles interés e amor para que a aprendizaxe sexa significativa.
⇒ O primeiro paso. Hai que ter o texto sobre o que facemos o mapa visual. Sen iso non podemos facer nada, salvo copiar o que fai outro e non servirá de nada: acabas o mapa e non sabes nada. O texto lese ben e sublíñase.
⇒ Planificación. É conveniente facer un borrador no caderno no que vexamos as ramas que imos tirar do punto central que é o tema.
⇒ Pasos. O mapa visual vai avanzando a lapis, despois rotulamos o lapis (a cor debe deixarse para o final)
⇒ O TEXTO O mapa vai mellorando coa rotulación e a cor. A escrita debe ser coidada, lexíbel. Inda así, sempre hai erros. Atopades o meu fallo? Non virei o folio e escribín por debaixo da liña, co cal o presidente e a presidenta quedaron patas arriba!!
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Mapa visual,
O substantivo
domingo, 29 de outubro de 2017
ATENCIÓN! UNHA PROBA!
➽ Cando? Atención, queridos alumnos! Tendes traballo para esta semana. O venres día 3 de novembro debedes entregarme esta proba.
🎃🎃🎃🎃🎃🎃
➽ Como? É peciso que a imprimades e que a entreguedes debidamente identificados. A proba vese mellor no ordenador ou con cor polo que debedes facer vós as copias (na casa ou nunha fotocopiadora) Tedes tempo de sobra.
Lede ben as preguntas e a contestalas con corrección, tendo en conta que as faltas descontan.
🎃🎃🎃🎃🎃🎃
➽ Por que? Porque é un bo xeito de saber como fago as probas e ides quentando motores para a proba do día 15. Esta proba contará como proba de avaliación inicial.
➽ Proba en formato pdf para descargar aquí.
Moita concentración e feliz día deSamaín e de Todos os Santos!
🎃🎃🎃🎃🎃🎃
sábado, 28 de outubro de 2017
O texto narrativo.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Mindomo,
Texto narrativo
Tipos de textos, I: Textos literarios vs. textos non literarios.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Infografía,
Mindomo,
Tipos de textos
venres, 13 de outubro de 2017
España plurilingüe.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
España plurilingüe,
Vídeo
Europa plurilingüe.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Linguas románicas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










