PLURALIA TANTUM
luns, 23 de setembro de 2019
mércores, 21 de novembro de 2018
Textos publicitarios. Tarefa.
1. Le con atención a seguinte información:
2. Observa con atención as seguintes imaxes. Elixide unha por parellas.
![]() |
| Kody Street, Margarita Pardo de Cela, nº 8 |
![]() |
| Kody store, M. Pardo de Cela |
![]() |
| Bazar chinés Don Chollo, Avda. Benito Galcerán, 20 |
![]() |
| Óptica Casariego, Pastor Díaz, 2 |
![]() |
| Zapaterías Albo, M. Pardo de Cela, 19 |
![]() |
| Prolavi Viveiro, Avenida Cantarrana 12 (Fot. Emma) |
3. Comentario da imaxe. Axúdate das seguintes cuestións antes de redactalo.
- Que tipo de texto é? É publicitario? De que tipo?
- que produto vende?
- A que muller / home vai dirixido?
- Que status ten o consumidor destes produtos?
4. Entrega do comentario en papel.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
2018,
Expresión escrita,
Presentación,
Publicidade,
Tarefa,
Tarefas,
Tipos de texto,
Tipos de textos
domingo, 4 de novembro de 2018
Proba á vista!
➽ Cando? Atención, queridos alumnos! Tendes traballo para esta semana. O mércores día 7 de novembro debedes entregarme esta proba.
📝📝📝📝
➽ Como? É peciso que a imprimades e que a entreguedes debidamente identificados. A proba vese mellor no ordenador ou con cor polo que debedes facer vós as copias (na casa ou nunha fotocopiadora) Tedes tempo de sobra.
Lede ben as preguntas e a contestalas con corrección, tendo en conta que as faltas descontan.
📝📝📝📝
➽ Por que? Porque é un bo xeito de saber como fago as probas e ides quentando motores para a proba dos días 8 e 9. Esta proba contará como proba de avaliación inicial.
➽ Proba en formato pdf para descargar aquí.
xoves, 25 de outubro de 2018
A paga aos fillos. Expresión escrita
![]() |
| Peto |
📘Na lectura desta semana sae o tema da paga aos fillos. Imos facer unha reflexión sobre este tema.
Hai opinións para todos os gustos: uns prefiren paga e outros non, uns alumnos téñena e outros non reciben nada, agás en datas concretas. Plantéxase o feito de que as pagas poden axudar a que aprendan a xestionar os seus cartos e a valorar a cultura do esforzo. Nunca estará asociada ás tarefas cotiás da familia, que non se negocian: facer a cama, axudar a recoller a mesa,...
✎ Redacta un texto sobre este tema no procesador de texto e súbeo aos comentarios desta entrada. Non esquezas o que estamos a ver sobre os textos escritos:
- Texto é un tecido de palabras que se xuntan en frases. Estas dan lugar ás oracións.
- As oracións van separadas entre si por punto e seguido, dentro do mesmo parágrafo.
- Os parágrafos recoñécense porque van separados por punto e á parte.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Expresión escrita,
Lectura tema 2
martes, 23 de outubro de 2018
A banda deseñada ou cómic.
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
Banda deseñada,
Narrativa,
Tipos de textos,
Vídeo
domingo, 21 de outubro de 2018
Lectura:"A ración de Amadou". Tarefa escrita.
✏ Queridos "pitufos" imos facer un escrito nos nosos flamantes ordenadores novos que tanto vos gustan.
Xa hai días que fixemos a lectura do Tema 1 pero por falta de EDI e ordenadores non puido ser e facemos agora este traballo.Logo se rele o texto.
? En que consiste ? Consiste en escribir un texto que será unha reflexión persoal sobre o seguinte tema:
"Tirar comida e desperdiciar alimentos é un xeito de roubar aos pobres"
? Como o teño que facer?
- No procesador de texto do ordenador.💻
- Unha vez escrito copias o texto (Ctrl + C) e súbelo nesta entrada do blog.
- Data límite:
📄Requisitos:
- Dous parágrafos
- Uso correcto de acentos, maiúsculas,puntuación...
- Corrección léxica ( débese consultar o dicionario )
💭Preguntas para axudarnos a reflexionar:
- Teño o costume de desperdiciar os alimentos, protestar pola comida que me poñen na mesa, queixarme de todo o que non me gusta?
- Son consciente de que no mundo hai rapazas e rapaces coma min que apenas poden facer unha comida ao día?
- Son coidadoso/a coa auga que gasto? Penso que é un ben escaso?
- Preocúpame a fame no mundo?
- Son solidario cos pobres da nosa sociedade ou pola contra desprézoos como responsábeis da súa propia situación?
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
2018,
3ª semana,
Comentario de lectura,
lectura comprensiva,
Lectura tema1,
Lecturas
mércores, 19 de setembro de 2018
Quen somos e que falamos? Lingua oral.
1.
👨👩Presentación á aula.
👀Visionado de vídeo:
3.
📜 Tomamos unhas breves notas no caderno.
4.
📢Falamos
Reflexionamos
Que nos preguntamos?
1.Coñecías aos yanomamis?
2.Que nos chama a atención?
3.Terán lingua?
4.Terán escrita? Len xornais? Van á escola?
5. Que saberes dominan?
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
2018,
Lingua oral,
Semana 1ª
martes, 18 de setembro de 2018
Criterios de cualificación e caderno do alumno.
Comezamos o curso sen presa, pero sen pausa. Relaxados, pero querendo mellorar sempre.Os criterios de cualificación témolos sempre no caderno ao igual que a dirección do blog de aula: galegodosarmiento1.blogspot.com
Etiquetas:
1ª AVALIACION,
1º ESO,
2018,
Caderno,
Criterios de cualificación,
Semana 1ª
Benvida a un novo curso!
domingo, 1 de xullo de 2018
Traballos de setembro.
![]() |
| Facer que! |
Queridos alumnos e alumnas que xa estades de vacacións; xa sei que algún de vós non sacou unha nota moi satisfactoria e son consciente de que o verán non é o mellor tempo para falar de materias. Inda así os días son moi longos e dan para todo. A maioría de vós non acadastes o aprobado non por facer mal un exame máis ou menos, senón por ir deixando os traballos que se vos ían pedindo día a día. É por iso que fago esta última entrada como unha pequena síntese do que podedes facer sen apuros e sen estrés ao longo de dous meses para entregar en setembro.
1. Ler, subliñar e resumir os seguintes textos:
PREME NO SEGUINTE ENLACE: TEXTOS
2. Facer un mapa visual dun destes temas: animais, ferramentas ou medios de transporte.
3. Escribir dúas descricións: o teu pobo no verán e o animal que máis che gusta.
4. Escribir un diálogo entre ti e un amigo ou amiga que marchou de vacacións e xa hai moito que non ves e botas de menos.
5. Ler un libro en galego no verán e contarme (oral, en setembro) que che pareceu ese libro.
Moito ánimo e boas vacacións!
mércores, 13 de xuño de 2018
O texto dramático.
Etiquetas:
3ª avaliación,
Infografía,
Infografías,
Tarefa,
Tarefas,
Texto dramático,
Tipos de texto
martes, 8 de maio de 2018
Proposta lectora para o 3º trimestre: Leonardo e os fontaneiros de Mª Victoria Moreno.
Estamos no Mes das Letras Galegas e inda que intentamos que o sexan todo o ano na nosa aula, este maio ímosllo adicar á autora homenaxeada este ano María Victoria Moreno. A novela Leonardo e os fontaneiros é boa mostra da intensa relación de María Victoria Moreno cos animais. A obra recibiu en 1985 o terceiro premio O Barco de Vapor e foi publicada en 1986 por Galaxia /SM con ilustracións de Mª do Carme Salgado.
TAREFAS
CALENDARIO
1. Foto e descrición da miña mascota.
2. Diálogo coa miña mascota.
Etiquetas:
3ª avaliación,
Lecturas,
Libro de lectura,
María Victoria Moreno
xoves, 12 de abril de 2018
Proxecto lector: Todos somos Simbad.
VIDEOTITORIAL DE CANVA
Rúbrica de avaliación:
1ª parte: fai clic na imaxe.
Etiquetas:
3ª avaliación,
Canva,
Lecturas,
Libro de lectura,
Padlet,
Reportaxe,
Rúbrica,
Scribd,
Videotitorial
venres, 6 de abril de 2018
Traballo para subir nota!
Queridos alumnos, propóñovos un traballo para subir nota de cara á avaliación final e que quero que vexades como un xogo que sei que sodes capacer de facer.
🔊Tátase de documentarse un pouco: ver uns mapas e un vídeo curto en portugués que amplíe un pouco os vosos coñecementos de Ciencias Sociais sobre unha época do noso pasado, ler uns textos que nos amplíen coñecementos de Ciencias Naturais e ao mesmo tempo nos axude na nosa materia e finalmente Coñecer os territorios que forman parte da comunidade lusófona.
LECTURA
- Reino suevo (Galipedia) Lectura e audición do vídeo:
📕A comezos do século V, o Imperio Romano de Occidente experimentou unha grande inestabilidade militar, económica e política. Dende o centro de Europa (especialmente desde o territorio da actual Alemaña), numerosos pobos xermanos —suevos, saxóns, francos, alanos e outros— comezaron atacar os postos fronteirizos romanos no río Rhin, irrumpindo finalmente no Imperio o 31 de decembro do ano 406 e asentándose no seu interior polas armas, mais tamén grazas a pactos pacíficos.
Arredor do ano 409, dirixidos polo seu rei Hermerico, gran parte dos suevos (estímase que sobre 40.000 persoas) chegaron á provincia romana da Gallaecia, onde lograron instalarse mediante un posible pacto con Roma, decidindo establecer a súa capital na cidade de Bracara Augusta (Braga, Portugal). Este pacto chamado foedus permitía aos suevos gobernar a provincia da Gallaecia como un reino propio (Galliciense Regnum) mentres que estes aceptasen o emperador romano como o seu superior.
O historiador galaico Hidacio narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.
O historiador galaico Hidacio narraba entón que os suevos foran ben recibidos pola poboación galaico-romana, pois aliviaron os impostos.
| Galliciense Regnum |
Audición (É conveniente escoitalo máis dunha vez):
🔎 CUESTIONARIO
📌Lectura dun texto de Ciencias sobre a cova do rei Centolo. Destaca as palabras clave e subliña o máis importante. Podes descargar o texto no enlace.
📌 VOCABULARIO DE XEOLOXÍA (Explicarán esta parte as profesoras de Ciencias)
.arxila .rochas calcáreas . erosión .estalactita .estalagmita .galerías .augas duras .carbonatos de calcio e magnesio .formacións lapiaces .mar de pedra
📌GALEGO VS. ASTURIANU. Textos para comparar as linguas:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cuarzo
https://ast.wikipedia.org/wiki/Cuarzu
Fíxate no seguinte:
Hai algunha grafía que non existe en galego? Algún signo gráfico?
Cal é a terminación dos substantivos?
Que adxectivos aparecen para cualificar o "cuarzu" ? Son iguais ao galego? Podemos entendelos?
Que formas do verbo "ser" aparecen?
O asturiano é unha lingua de España? É lingua oficial ou cooficial?
📌A LUSOFONÍA. Para facer o mapa visual estou preparando outra entrada de blog que sairá axiña.
http://teiaportuguesa.tripod.com/cacaaotesourolusofonia/recursosnarede.htm
Moito ánimo e a polo traballo!
.arxila .rochas calcáreas . erosión .estalactita .estalagmita .galerías .augas duras .carbonatos de calcio e magnesio .formacións lapiaces .mar de pedra
📌GALEGO VS. ASTURIANU. Textos para comparar as linguas:
https://gl.wikipedia.org/wiki/Cuarzo
https://ast.wikipedia.org/wiki/Cuarzu
Fíxate no seguinte:
Hai algunha grafía que non existe en galego? Algún signo gráfico?
Cal é a terminación dos substantivos?
Que adxectivos aparecen para cualificar o "cuarzu" ? Son iguais ao galego? Podemos entendelos?
Que formas do verbo "ser" aparecen?
O asturiano é unha lingua de España? É lingua oficial ou cooficial?
📌A LUSOFONÍA. Para facer o mapa visual estou preparando outra entrada de blog que sairá axiña.
http://teiaportuguesa.tripod.com/cacaaotesourolusofonia/recursosnarede.htm
Moito ánimo e a polo traballo!
xoves, 5 de abril de 2018
Fálame da emigración.
Queridos alumnos, o mércores 4 de abril foi o segundo encontro cos maiores dentro do programa Fálame da emigración. No primeiro encontro expuxeron as súas vivencias como emigrantes a países de Europa nos anos 50 e vós tivestes a oportunidade de dialogar con eles sobre a súa experiencia. Esta vez pídesevos que reflexionedes en grupos sobre as motivacións para emigrar e que aporta ao país de ida e ao noso país a emigración. Na entrada do centro temos unha exposición de fotografías sobre a emigración galega a distintos países e pedinvos como traballo un texto escrito por vós sobre unha fotografía da exposición. Partides do pé de foto que ledes con atención e vos aclara cousas e logo describides o que vedes. A foto ten que dar motivo para unha pequena reflexión sobre a emigración.
📷Imaxes para comentar: enlace Fundación Abanca Aquí elexides unha imaxe
Exemplo:
Virxinia (EE. UU.), 1982. Os investigadores españois Mariano Barbacid e Eugenio Santos xunto con outros colaboradores americanos que traballan no el Instituto Nacional do Cáncer dos Estados Unidos.
A imaxe suxire o seguinte comentario:
Nos últimos anos a crise volve empuxar a moita xente nova cara ao estranxeiro, pero a emigración actual é moi diferente á das nosas avóas e avós: trátase dunha mocidade ben formada, que fala idiomas,con acceso ás comunicacións a través de Internet, e que en ocasións ocupa postos altamente cualificadose de carácter científico no país de acollida. Este tipo de emigración é moi atípica e infrecuente na década dos sesenta.
COMO QUEDA O MEU TEXTO?
A miña imaxe en branco e negro, é dos anos 80 nos Estados Unidos. Aparecen catro persoas nun laboratorio médico. Ou iso penso, porque sei que traballan nun centro que estuda o cancro, ese mal que se espalla por todas partes e "do que morreu miña tía Pascualina" como di un señor da radio.
Se nos fixamos en tantísimos tarros de medicamentos e outros produtos que nin sabería chamarlle que hai nas estanterías do fondo debe ser aí onde fan as súas investigacións. Dous xoves científicos españois traballando nun país que investiga. Estou segura de que se foron porque aquí non tiñan esa posibilidade. É unha mágoa!. Se descobren algún tratamento ou menciña,ou...o que sexa, será noutro país, non no deles e nós teremos que pagar a patente1
A foto non deixa de chamarme a atención porque ben se ve que é nun momento de lecer; rinse e non teñen a bata branca de laboratorio posta. Todos parecen estar animados e mostran boa camaradería; son colegas e tanto ten que sexas home ou muller. Porque un dos personaxes da foto é unha muller científica, que as hai, pero non pensedes que tanto. Sobre este tema habería moito que dicir pero non quero obrigarvos a escribir un libro.
E xa non falemos das perspectivas que ten a xuventude hoxe en día no campo da investigación! Mellor coller un avión para un país nórdico antes de poñernos cabreados.
E xa non falemos das perspectivas que ten a xuventude hoxe en día no campo da investigación! Mellor coller un avión para un país nórdico antes de poñernos cabreados.
1Unha patente é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente.
Etiquetas:
3ª avaliación,
Fálame da emigración,
Fotografía
domingo, 18 de marzo de 2018
O texto poético, II
Suxeito lírico, Eu lírico, falante poético...
🔎Quen fala nestes versos?
"Non lle digâs á Hermengario
qu' a sua Hildemira sofre:
co-as miñas penas non quero
que s' amarguen os seus goces.
Así a reina de Galicia
ôs regatos bulidores
qu' os xardís d' o pazo regan
lles fala, tras d' unha noite
pasad' antre bagoas tristes
agardand' á quen non volve".
🔎 Descrición da raíña Hildemira (fragmento do poema):
"â reina, que pouc' á pouco
vaise tornand' un cadavre.
Arredor d' aquiles ollos
qu' eran luceiros brilantes
que com' a y-alma alumaban
con resprandores suaves,
hay un círculo de sombras
e de negra escuridade.
As rosas fans' azuceas
n-aquil hermoso sembrante
y-os beizos qu' eran tan roxos
coma preceados corales,
perden color e frescura
en forza de suspirare,
y-antr' as crenchas d' ouro puro
qu' olran a frente d' anacre
tecen as penas algunhas
frebas de prata brilante."
🔎Responde a estas cuestións:
- Cal é o tema deste fragmento?
- Que figuras literarias recoñeces?
- Hai algún tipo de rima?Explícao.
- Cantas sílabas teñen a maioría dos versos?
- Busca no dicionario RAG sa seguintes palabras; copia o seu significado e os sinónimos se os hai:
nácara, febra, crencha (crecha), beizo, orlar
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Bullet Journal,
Comentario de texto,
métrica,
Texto poético
mércores, 14 de marzo de 2018
luns, 12 de marzo de 2018
No mes de marzo, o texto poético.
![]() |
| Páxina de bullet journal |
Queridos alumnos seguimos traballando o texto poético e farémolo cunha poesía de Filomena Dato Muruais.
Texto en pdf para descargar. Convén telo en papel para facer apuntamentos.
- Plan previsto para a realización do bullet jornal:
Para documentarse: clica nos enlaces.
📌 Ficha da autora na BVG
📌 Ficha da autora na BVG
O ROMANTICISMO
📃 Van avanzando os vosos traballos:
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
Bullet Journal,
Texto poético,
Tipos de textos
martes, 6 de marzo de 2018
Nova proba!
Nesta proba entrará:
- Algo do trimeste pasado: o apartado de "A España Plurilingüe"(páxs 104 e 105) Tedes un vídeo neste blog se buscades nas etiquetas "España plurilingüe".
- A acentuación, especialmente os diacríticos . Nas Actividades de reforzo e ampliación do tema 4 tedes varios exercicios (páx. 90-91 )
- O léxico do corpo humano. Revisade o mapa visual no voso caderno.
- Pedirásevos unha descrición. Convén ler as páxinas 98 e 99 do libro de texto para coller modelos ao igual que a lectura da aula Congreso de meigas tiña descrición de persoas.Nas páxinas de léxico "O corpo humano" xa vistes numerosos adxectivos que serven para as descricións e sabedes facer comparacións. Se tedes dúbidas hai dous vídeos moi curtos sobre a descrición na entrada anterior.
- O pronome persoal. Atención aos exercicios feitos na aula e aqueles exercicios sobre o pronome que se propoñen nas páxinas 90 -91.
Etiquetas:
1º ESO,
2ª avaliación,
España plurilingüe,
Proba
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)










































